Wednesday 08 de May de 2024

Unha unidade móbil para a doazón de sangue estará este xoves e o sábado na cidade


Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase dous días desta semana á cidade. O xoves día 5 a unidade permanecerá en horario de mañá e tarde, de 9.30 a 14.30 e dende as 15.30 ata as 21.00 horas, nas inmediacións da parte posterior do Centro Comercial Odeón, na rúa Cataluña. Na xornada do sábado 7 ubicarase na estrada de Castela, á altura do edificio do Xulgado de Paz, en Xuvia, onde permanecerá operativa de 10.00 a 15.00 horas.

Antes da doazón é preciso almorzar e no caso de xantar, será preciso agardar dúas horas para realizar a extracción. Para poder doar haberá que presentar ao persoal da unidade móbil a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar no caso de que se estea tomando algún medicamento. Poden acudir a doar as persoas maiores de 18 anos e que pesen máis de 50 quilos.

Para solicitar máis información sobre a campaña pódese chamar –de balde- ao número de teléfono 900 100 828.